Que facemos?

Os Jalochos crea espectáculos e obradoiros para público infantil e familiar. A música, as historias, o movemento e o xogo están presentes de maneira diferente en cada actividade, sempre cunha participación activa das crianzas e das familias.

Espectáculos

Dous formatos para cada espazo

Os espectáculos de Os Jalochos están interpretados sempre por Sabela e Suso e poden contratarse en dous formatos.

Formato acústico

Narración e música sen equipo de son, cunha montaxe reducida e unha relación directa co público. Pensado para bibliotecas, centros educativos e espazos pequenos.

Formato concerto

Unha versión con equipo de son e unha maior potencia musical e escénica. Pensada para auditorios, festivais, prazas e programacións culturais de maior formato.

As necesidades técnicas e as condicións de contratación varían segundo o espectáculo, o formato e o espazo.

Obradoiros

Queres levar Os Jalochos á túa programación?

Consulta os espectáculos, os obradoiros e os formatos dispoñibles ou contacta con Os Jalochos para valorar a opción máis adecuada para o teu espazo.

Volver arriba