Libros e recursos
Os libros de Os Jalochos reúnen historias, cancións e actividades para achegar a música, a lingua e a creatividade á casa, á escola e á biblioteca. Cada publicación propón unha maneira diferente de ler, escoitar, cantar, xogar e aprender en compañía.

Libro musical
A Landra viaxeira e o amigo Lambón
Unha aventura por Galicia para ler, escoitar, cantar e xogar.
Un libro musical ilustrado que reúne unha historia en galego, doce pezas musicais, actividades de lectoescritura, pictogramas, láminas para colorear e un vídeo en lingua de signos.
Libro musical
Canta na casa, canta na escola
Sete cancións para aprender música facendo música.
Letras, partituras, pasatempos e actividades de iniciación musical para cantar, practicar e experimentar na casa e na escola.
Recursos para seguir xogando
A Landra interactiva
Un conto para xogar: escoita a historia de Landra e Lambón, mira as ilustracións e responde ás adiviñas. Accede desde a web ou co código QR do libro.
Acceso a A Landra interactiva
Queres saber máis sobre os libros?
Contacta con Os Jalochos para consultar a dispoñibilidade dos libros ou solicitar información sobre presentacións e actividades arredor das publicacións.



