Libros e recursos

Os libros de Os Jalochos reúnen historias, cancións e actividades para achegar a música, a lingua e a creatividade á casa, á escola e á biblioteca. Cada publicación propón unha maneira diferente de ler, escoitar, cantar, xogar e aprender en compañía.

Recursos para seguir xogando

A Landra interactiva

Un conto para xogar: escoita a historia de Landra e Lambón, mira as ilustracións e responde ás adiviñas. Accede desde a web ou co código QR do libro.

Acceso a A Landra interactiva
Landra e Lambón cos personaxes da súa viaxe, incluído Ramón o Salmón

Queres saber máis sobre os libros?

Contacta con Os Jalochos para consultar a dispoñibilidade dos libros ou solicitar información sobre presentacións e actividades arredor das publicacións.

Volver arriba