Libro musical
A Landra viaxeira e o amigo Lambón
Unha aventura para ler, escoitar, cantar e xogar
A historia
Landra e Lambón emprenden unha viaxe por Galicia na procura da festa. Cunha folla de carballo capaz de transformarse en camión, barquiño, paraugas ou mesmo nun avión, percorren vilas, cidades, bosques e a costa galega.
Durante o camiño coñecen personaxes tan singulares como Picapeixe e Picapaus, Ramón o Salmón, a píntega Leda, Old Pot e Lara, a píllara espacial.
Unha historia ilustrada sobre a amizade, a natureza, a música e a alegría de descubrir novos lugares e persoas.

Moito máis que unha historia
A Landra viaxeira e o amigo Lambón combina narración, ilustración, música e actividades para continuar a experiencia na casa, na escola e na biblioteca.
O libro inclúe
- Unha historia ilustrada en galego
- Doce pezas musicais
- Láminas para colorear
- Actividades de lectoescritura
- Pictogramas
- Un vídeo en lingua de signos
- A Landra interactiva
Para ler, escoitar e aprender
O libro está pensado para compartir a lectura en familia e para traballar con alumnado de Educación Infantil e Primaria.
A historia, as cancións e as actividades axudan a traballar
- A lectura e a comprensión
- O vocabulario en galego
- A música, o ritmo e a creatividade
- O coñecemento de Galicia
- O respecto pola natureza
- A expresión e a comunicación
Cada familia, docente ou profesional pode seleccionar os contidos segundo a idade, o nivel e os intereses das crianzas.
A historia tamén sobe ao escenario
Landra, Lambón e o resto das personaxes cobran vida no espectáculo musical de Os Jalochos.
A música en directo, a narración, o movemento e os xogos convidan as crianzas e as persoas adultas a formar parte da aventura.
Coñece o espectáculoInformación do libro
Autoría
Sabela Olivares e Suso Bello
Ilustracións
David Cuence
Edita
A Companhia do Ruído Editorial
Idioma
Galego
Contido musical
12 pezas
A Landra interactiva
Escoita o conto ilustrado de A Landra, percorre as súas láminas e responde ás adiviñas. Un recurso para xogar directamente desde esta web.
Acceso a A Landra interactiva
Queres saber máis sobre o libro?
Escríbenos para consultar información sobre o libro, os seus contidos e os recursos asociados.





